A Asociación Cultural Meiro fundouse na aldea
buenense de Meiro no ano 1997 baixo o nome de Asoc. Socio – Cultural, Deportiva
e Xuvenil Meiro. Foi constituída por un grupo de persoas con grandes
inquietudes culturais que decidiron unir os seus esforzos para alcanzar un
obxectivo común, a recuperación etnográfica, gastronómica e cultural da nosa
terra, Galicia.
Nesta liña, a asociación ven realizando dende o
seu nacemento diversos actos e actividades culturais, deportivas, etc., que
veñen dinamizando dun xeito significativo a Comarca do Morrazo.
Cada ano comeza con novas ilusións, ideas e
proxectos que de algún xeito amplían e renovan as múltiples actividades que a
asociación ven realizando dende o seu xurdir.
O longo de estes anos lévanse realizado diversos actos
sempre coa mesma filosofía, potenciar e divulgar as nosas raíces:
·
Rexurdir
do millo corvo, testemuña dunha tradición. Recuperación dunha variedade de
millo de cor negra (millo corvo), practicando unha artesanía agroalimentaria. Trátase dunha actividade de carácter
etnográfico, educativo, cultural e gastronómico que abarca tódalas épocas do
ano, culminando co Encontro Degustación do Millo Corvo. Publicación da revista
“A Lingua do Corvo”.
·
Restauración
de patrimonio etnográfico galego, a través da rehabilitación de 3 muíños na
zona de O Canudo (Bueu), realizado con financiación dos Fondos Proder II.
·
Construción
dun belén enxebre e artesanal e cabalgata de reis polo Nadal.
·
Xogos
populares (aros, zancos, etc.), polo magosto.
·
Saídas
culturais e rutas de sendeirismo para coñecer as distintas expresións culturais
e paisaxísticas da xeografía galega.
·
Elaboración
de receitas tradicionais e antigas (chulas, afartacáns, filloas) e obradoiro de
máscaras, para a celebración do Entroido.
·
Festival
folk – rock Rural Rock, onde se mesturan distintas xeracións ó redor da música.
·
Concentración
de Bicicletas e marcha cicloturista pola Comarca do Morrazo. Se habilita un circuíto
de triciclos para os máis cativos onde ademais se imparten nocións básicas de
educación vial.
·
Montaxe
de exposicións de temática etnográfica e cultural.
·
Cursiños
e obradoiros de distinta e variada índole:
o
Cociña
tradicional e conservación de alimentos.
o
Cursos
de poda e enxerto.
o
Cursos
intensivos de agricultura ecolóxica.
o
Talleres
de compostaxe e horta familiar.
o
Charlas,
conferencias, ciclos de cine.
o
Cursiño
de encaixe de horquilla (técnica antiga).
o
Xornadas
de Primeiros Auxilios.
o
Obradoiros
artesanais: cestería de vimbia, codeso, salgueiro, vides, etc.
o
Obradoiros
intensivos de arte floral e abelorios.
o
Obradoiros
para nenos: cociña, abelorios, etc.
·
Grupo
de teatro afeccionado Simalveira, formado no ano 2000 no seo da asociación. A
data de hoxe levan representadas 3 obras tituladas: Os cravos de prata (de
Nicolás Vela), Noites de lixo (de Rosa E. Gantés) e Ledaíñas pola morte do Meco
(de Roberto Vidal Bolaño), todas elas baixo a dirección de Rosa E. Gantes.
·
Sección
infantil do grupo de teatro afeccionado Simalveira, formado no ano 2007. Levan
representada unha obra de títeres titulada “O tranqui pasou por Meiro” (de Rosa
E. Gantes).
·
Apostamos
polos libros na aldea coa apertura dun punto de lectura no ano 2000 con
aportacións de institucións e particulares ampliando estes fondos
bibliográficos coa “maleta viaxeira” da Xunta de Galicia. Hoxe en día xa está constituído
formalmente en Axencia Municipal de Lectura.
PARTICIPACIÓN NOUTROS EVENTOS
A Asociación Cultural Meiro ten participado en
distintos eventos, xornadas de artesanía
en vivo, xornadas sobre o patrimonio cultural galego, etc.:
·
Participación
nas XI Xornadas de Historia de Galicia
organizadas polo IES Chan do Monte de Marín no ano 2003, xornadas centradas no “Patrimonio galego. Problemas e
perspectivas” onde se impartiu unha charla sobre a experiencia da
recuperación do millo corvo.
·
Xornadas sobre “Patrimonio Cultural galego
na escola”, organizadas
no Centro de Formación e Recursos de Pontevedra no ano 2003, onde amosamos o
noso traballo de recuperación do millo corvo nunha charla-coloquio.
·
Asistencia
e colaboración de forma ininterrompida coa montaxe e recreación de varios
oficios e obradoiros artesanais na Feira
Franca de Pontevedra (feira medieval que se celebra nesa cidade) dende a
súa segunda edición.
·
Presenza
na Festa do Mar de Combarro no ano
2004, amosando nun stand con obradoiros participativos de artesanía en vivo, así
como tamén o noso traballo a través de murais e documental.
·
Asistencia
á Feira das Cabazas de Pontevedra e participación coa
elaboración de receitas tradicionais en vivo (chulas) utilizando as cabazas
como ingrediente principal.
·
Doazón
de millo corvo á organización FAPAS,
asociación que vela pola conservación e protección do oso pardo de Asturias. O
millo corvo enviado a Asturias é
utilizado para a alimentación destes animais, sendo sementado no monte para
formar parte da dieta do oso.
·
Misión Biolóxica de Galicia, onde se ten catalogado a variedade de
millo corvo recuperada na aldea de Meiro. Fíxose entrega ó director da Misión
Biolóxica de Galicia, D. Amando Ordás, espigas de millo corvo de Meiro para
formar parte do banco de sementes de cereais de Galicia.
·
Asistencia
á Feira Internacional celebrada en
Bélxica en xullo de 2004, por mor da invitación da Asociación Folclórica
Meiramar Axóuxeres de Moaña. Nesta feira realizouse un obradoiro participativo
de follaco, entre outros, e amosouse o
proceso realizado na recuperación do
millo corvo.
·
Asistencia
e organización de exposición, obradoiros e talleres arredor da simbiose terra -
mar no VII Encontro de Embarcacións
Tradicionais celebrado no mes de agosto de 2005 en Cambados.
·
Asistencia
ao Encontro Tradicional Terra Madre
celebrado en outubro – novembro de 2006 en Turín (Italia). Este encontro
internacional foi organizado pola Fundación Slow Food. Asistiron ao mesmo máis
de 1500 comunidades de todo o mundo. O millo corvo foi distinguido pola
Fundación Internaciona Slow Food coa súa inclusión, como primeiro producto
galego, no Catálogo Internacional del Arca
del Gusto.
·
Asistencia
a “Feria ALGUSTO. Saber y sabor”
celebrada en novembro – decembro de 2007 en Baracaldo (Bilbao). Este novo certame gastronómico e alimentario, pioneiro no
mercado español, que se celebrou do 29 de novembro ao 2 de decembro de 2007 no
recinto feiral vasco.
Bilbao Exhibition Centre converteuse durante estas catro xornadas nun lugar de culto á gastronomía e á alimentación de calidade. Un espazo que concentrou a todos aqueles produtores que se caracterizan pola calidade dos seus produtos e procesos produtivos, en liña co que o “movemento” denominado “Slow Food” promulga. Na primeira edición da Feira ALGUSTO preséntaronse un total de 242 expositores procedentes de Arxentina, Brasil, Guatemala, Holanda, México, Perú, República Dominicana, Exipto, Marrocos, Francia, Reino Unido, Irlanda, Portugal, Italia e España.
Bilbao Exhibition Centre converteuse durante estas catro xornadas nun lugar de culto á gastronomía e á alimentación de calidade. Un espazo que concentrou a todos aqueles produtores que se caracterizan pola calidade dos seus produtos e procesos produtivos, en liña co que o “movemento” denominado “Slow Food” promulga. Na primeira edición da Feira ALGUSTO preséntaronse un total de 242 expositores procedentes de Arxentina, Brasil, Guatemala, Holanda, México, Perú, República Dominicana, Exipto, Marrocos, Francia, Reino Unido, Irlanda, Portugal, Italia e España.
·
Asistencia
e montaxe dun stand no Encontro
Internacional Terra Madre celebrado en outubro de 2008 en Turín (Italia).
Nesta ocasión, a Asociación Cultural Meiro foi convidada para a montaxe dun
posto, en calidade de Baluarte (produto recoñecido de excelencia gastronómica).
·
Asistencia
e montaxe dun stand no 13º Salón de Alimentación do Atlántico (SALIMAT) celebrado no mes de xuño de
2009 en Silleda, dentro da Feira Internacional de Galicia “Semana Verde”.
Ademais de todo o mencionado anteriormente, a
asociación ven colaborando con actividades de variada e distinta índole con
colexios, asociacións, institucións, etc.
REXURDIR DO MILLO CORVO. TESTEMUÑA DUNHA TRADICIÓN
A actividade máis recoñecida da asociación é, sen
dúbida, a recuperación do Millo Corvo, (unha variedade de millo, de cor negra, case
que extinguida na comarca do Morrazo) baixo o lema “Rexurdir do Millo Corvo. Testemuña dunha
tradición”.
Este proceso de recuperación etnográfica,
educativa, cultural e gastronómica abarca tódalas épocas do ano.
Sementeira à O proceso comeza na primavera, coa preparación do
terreo e abonado do mesmo con esterco (mestura de estrume e excremento animal)
para a posterior sementeira, realizada de maneira manual (seguindo o asesoramento e bo facer dos anciáns do
lugar) e axudados pola única parella de bois da comarca do Morrazo, Cavano e
Gallardo, que tiran do arado
mentres se van botando os grans de millo corvo o chou.
Cava à A finalidade da cava é a eliminación das herbas que
medran ó redor dos milleiros.
Renda à A renda consiste nun sachado máis superficial e de
rareo, a isto se lle chama dispor o millo, que facilita o desenrolo e
crecemento dos milleiros.
Rega à Na época estival e segundo a climatoloxía e as
características do terreo será necesario a rega. Para poder realizar esta
tarefa é necesaria a limpeza de carreiros, canles de rego, etc., que
actualmente están en desuso e que son un elemento imprescindible para a total
recuperación da memoria etnográfica deste ciclo productivo.
Corta do pendón à Coa corta do pendón (parte superior da planta)
evítase que o vento rache a cana. O pendón utilízase como forraxe para os
animais.
Corta e empalleirado à Polo San Miguel, coa lúa menguante, faise a corta
e o empalleirado do millo. Seguindo coa tradición, os palleiros fanse cos milleiros enteiros (constan da cana e das
espigas), desta maneira a espiga acaba de refacerse no palleiro.
Esfollada à Lévase a cabo uns días despois da corta e
empalleirado. Consiste na separación da espiga e o follaco da cana.
Posteriormente as espigas se almacenarán no hórreo para o seu almacenamento e
secado. O follaco era unha parte moi apreciada antaño para a elaboración de
sargóns, cestas, cebos para a pesca do
atún e do bonito, xoguetes para os nenos, etc.
Debullada à
A laboura da debullada realízase
en marzo e consiste en separar o gran da espiga. Realízase de maneira manual
utilizando como axuda un carozo (parte interior e leñosa da espiga).
Muiñada à Os grans de millo corvo son levados ó muíño de
auga (Muíño da Presa, situado no Canudo – Meiro – Bueu) para moelo e conseguir
a fariña e o óleo do millo corvo. Nesta actividade o traballo toma carácter
lúdico. A grande atracción que supón ver un muíño de auga increméntase
notablemente coa posibilidade de poder observar o seu funcionamento, e así
participar activamente na muiñada. Con esta actividade lógrase recuperar gran
parte da memoria literario-popular como cantigas, historias, lendas, etc., en
torno ó muíño.
Amasado e cocido da bola corva de porta aberta à Unha vez peneirada a
fariña procédese ó amasado (utilizando fermentos naturais). Ao remate do
amasado bendícese amasa, que fermentará
na artesa. Na pá (utensilio utilizado para introducir a masa no forno) poñénse
follas de castiñeiro secas ou de col sobre as que se estende a masa.
Introdúcese a masa no forno (que previamente foi quentado con leña) onde se
bendicen as bolas do pan de millo corvo, e cando estea cocido sácase do forno.
Como peche de ciclo anual celébrase o
Encontro-Degustación do Millo Corvo a finais do mes de marzo.
O caracter educativo e didáctico que acadou este
proceso desenrolase coa participación de centros educativos e asociacións de
toda a comunidade autónoma nas actividades ao redor do millo corvo.
Ademais, trátase de inculcar ós cativos
participantes a importancia dos recursos naturais, o respecto polo medio
ambiente, coñecemento da arquitectura popular (hórreos, muíños, fontes,
cruceiros ...), recuperación e divulgación da toponimia do lugar, diferentes
aperos e útiles de labranza, e sobre todo que non se esquezan as nosas raíces,
do noso patrimonio inmaterial, da nosa cultura e da nosa lingua.
Coa publicación da Unidade Didáctica “A aventura do millo corvo na aldea de Meiro” plásmase sobre papel e sobre soporte dixital
as principais fases do cultivo do millo corvo ó xeito tradicional, así como
elementos da vida agrícola e social vencellados ó modo de vida agrícola no
rural. Esta unidade didáctica trata de ser unha guía de traballo nas aulas
antes e despois da participación dos escolares nas actividades en Meiro.
Coincidindo co Encontro Degustación do Millo Corvo
realizase a presentación dunha publicación
anual de temática variada denominada “A
Lingua do Corvo”, editada en galego. A súa difusión é gratuíta para
colexios, bibliotecas, etc.
FESTA DE INTERESE TURÍSTICO
Con data do 8 de abril de 2009, o Encontro
Degustación do Millo Corvo foi declarado Festa de Galiza de Interese Turístico
pola Consellería de Innovación e Industria, por ser unha festa “cunha
singularidade manifesta, polas actividades desenvolvidas. A Festa do Millo
Corvo non só se resume na degustación celebrada no mes de marzo, senon nunha
actividade anual (...) levada a cabo na aldea de Meiro e polos seus veciños”
RECOÑECEMENTO INTERNACIONAL
Con data do 26 de xullo de 2006, o Millo Corvo,
foi distinguido oficialmente dentro do catálogo internacional da “Arca del Gusto de Slow Food”, previa
aprobación unánime da Comisión Nacional e do Comité Internacional del Arca del
Gusto.
Os obxectivos da “Arca del Gusto” consisten en
recuperar, catalogar, delimitar, promocionar e protexer productos autóctonos de
excelencia gastronómica, preservando o medioambiente e a biodiversidade en todo
o mundo.
Na última edición do evento internacional Terra
Madre, celebrado en 2008, a
asociación participou en calidade de baluarte.